top of page

Os queixos Denominación de Orixe galegos

Os 4 fantásticos

O xurdimento do queixo deuse por unha casualidade. Din que un pastor levaba leite nunha bolsa feita co estómago dunha ovella e tras camiñar no sol, cando chegou ó seu destino, tiña queixo! Pero non é coincidencia que algúns dos queixos máis ricos sexan galegos. A súa fama é internacional e en Galiqueixo entenderás o porqué. ¿Pistas? A temperatura, o callo e as enzimas son determinantes para facer un bo queixo. E diso entendemos en Galicia. ¡Pincha para descubrir máis sobre a historia de cada queixo de D.O. galego!

​

Contact
bla

Arzúa-Ulloa

O Arzúa-Ulloa é un dos queixos Gallegos por excelencia que acadou a Denominación de Orixe no ano 1995. Orixinariamente, a súa elaboración centrábase nos municipios de A Coruña, o oeste de Lugo e o noroeste de Pontevedrae recibía distintos nomes según a zona e o momento histórico: de Arzúa, do Ulloa, de A Ulloa, de Curtís, de Chantada, de Friol ou de Lugo.

 

Durante siglos foi feito a man pero hoxe en día, coa modernización do sector na década dos oitenta, introducíronse as primeiras cubas de acero pasteurizadas, os fermentos lácticos e os procesos industriais, que facilitaron a elaboración, mellorándolo e permitindo un aumento da súa calidade.

UN VALOR SEGURO

Contacta

¡Tus datos se enviaron con éxito!

Galiqueixo

Amantes do queixo Denominación de Orixe,

este é o voso sitio

bla

Tetilla

O queixo de tetilla é unha das variedades de queixo  máis recoñecidas e características de Galicia. Cun sabor suave e unha textura cremosa, é unha aposta segura para tomar só ou en pratos preparados.

 

A súa procedencia é unha incógnita para os historiadores: algúns situano na época romana e outros nun convento de monxas do medievo. Pero as primeiras testemuñas escritas da súa existencia ubícano no século XVIII en documentos privados de doazóns e agasallos.

SUAVE E CREMOSO

bla

San Simón

O queixo San Simón é un queixo afumado galego de leite de vaca, sen conservantes. Quedou aprobado polo Regulamento da Denominación de Orixe pola Consellaría de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento rural da Xunta de Galicia en 2004.

 

Este queixo se comercializa cunha maduración mínima de 45 días. As pezas se venden provistas de etiqueta, onde se fai referencia á Denominación de Orixe protexida, e dunha contraetiqueta numerada e controlada que garantiza o orixe e a calidade do produto.

A zona de produción, tanto de leite como do queixo, se localiza na provincia de Lugo e principalmente na comarca de Terra Chá.

CON PERSONALIDADE

bla

Cebreiro

O queixo do Cebreiro caracterízase por presentar forma de seta ou gorro de cociñeiro. No ano 1989, soamente un pequeno grupo de mulleres producían este queixo para autoconsumo. Foi no ano 1991 cando se lle concedeu a Denominación de Produto Galego de Calidade. Hoxe en día, ademais de ser un produto representativo da nosa cultura galega, conseguiu cruzar as fronteiras e ser un queixo demandando en moitas partes do mundo. As razóns do seu éxito son moitas, pero entre elas destaca o seu carácter natural, sen conservantes nin aditivos.

SUAVE E NATURAL

bottom of page