
San Simón
O queixo San Simón é un queixo afumado galego de leite de vaca, sen conservantes. Quedou aprobado polo Regulamento da Denominación de Orixe pola Consellaría de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento rural da Xunta de Galicia en 2004.
Este queixo comercialízase cunha maduración mínima de 45 días. As pezas véndense provistas de etiqueta, onde se fai referencia á Denominación de Orixe protexida, e dunha contraetiqueta numerada e controlada que garantiza a orixe e a calidade do produto.
A zona de produción, tanto de leite como do queixo, se localiza na provincia de Lugo e principalmente na comarca de Terra Chá.
As características deste queixo son moi singulares. Presenta unha forma moi característica, entre trombo e bala, finalizando en punta. A súa codia afumada é de cor amarela-ocre e algo graxenta e dura. No interior encontramos un queixo de textura fina, suave ao corte, e cun sabor e aroma característicos debido ao proceso de afumado que sufriu.
