top of page

- JAVIER SAMPAIO MENÉNDEZ - PRODUCTOR DE QUEIXO TETILLA E ARZÚA-ULLOA

Cando empezaches a producir queixo?

Empezamos no ano 93-94, facendo 40 cada dous días, era un logro, porque todo o mundo pensaba que “¿Como íamos facer 40 queixos nun día?” A miña avoa facía dous un día, a tía outros dous.... E de aí pasar a 40 cada día ou cada dous días é moitísimo. E agora vamos en 400, 600, depende do día.

 

Como é o sistema de distribución?

Nós vendemos a través de tendas especializadas e facemos moitas feiras por España adiante. Feiras medievais, mostras, feiras de ano. Bueno... É unha maneira diferente de comercializar.

 

Pero nos supermercados tamén venden?

Sí, tamén, aquí en Galicia sobre todo.

 

Que diferencia o queixo San Simón doutros?

Bueno, pois o queixo San Simón é un queixo afumado, cunha pasta prensada e suave pero ao mesmo tempo co aroma ó fume que se fai con leña de bidueiro.

- DANIBERTO -

 PRODUCTOR DE QUEIXO SAN SIMÓN

CURIOSIDADES SOBRE O QUEIXO D.O. SAN SIMÓN

Entrevistas

- GONZALO -

 CHEF NO RESTAURANTE "O DEZASEIS" EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

¿Cal é teu queixo D.O. favorito?

Eu son moi fan do Arzúa. Non ten o fume do San Simón nin a acidez do Cebreiro, o que fai que combine con unha gran cantidade de ingredientes. 

​

¿Cal é o acompañamento ideal para o queixo de Arzúa-Ulloa?

Noces sen dúbida. Os frutos secos son o mellor acompañamento para o Arzúa e o Tetilla tamén.

​

¿E co San Simón, o que vai ben?

Boqueróns, sardiñas, cousas mariñadas ou curtidas van moi ben. O contraste entre o salado e ese toque de vinagre é xenial.

​

¿E o que pode acompañar o Cebreiro?

Eu non son moi de Cebreiro, prefiro queixos máis suaves, son máis doados de combinar. Pero nun postre o Cebreiro vai moi ben con mel, marmelada.

​

¿Cres que os queixos galegos volven a estar de moda?

Eu creo que sempre estiveron moi valorados. Quizais agora hai máis publicidade ou campañas da Xunta de Galicia ou a propia D.O. pero creo que seguen igual de solicitados.

 

¿Por que escolledes queixo D.O. galego para a carta?

Porque nos gusta traballar coas cousas daqui, teñen unha calidade excelente. De feito creo que o queixo Manchego é o único de fóra de Galicia que temos na carta porque é o queixo estrela da Península.

 

¿Unha forma innovadora de preparar pratos co queixo?

Podes gratinalos con distintas cousas, facelos á prancha con vexetais, etc. O San Simón con confituras é marabilloso. O Arzúa frito é impresionante. Empánalo, frítelo e queda cremoso por dentro e crocante por fóra, unha delicia. 

​

​

bottom of page